Thursday 16 de May de 2024

A Escola Municipal de Música Magariños celebra o IX Festival de Nadal cun concerto do cuarteto de clarinetes Ouklar


Será ás 19:00 horas no centro social polivalente
A Escola Municipal de Música Magariños celebrará mañá martes 22 de decembro a novena edición do seu Festival de Nadal, que incluirá un concerto do cuarteto de clarinetes Ouklar. A actuación terá lugar no auditorio do centro social polivalente de Brión ás 19:00 horas. A entrada é de balde, se ben haberá que retirar o ticket a través de www.esmumagarinos.com .
Ouklar é un cuarteto de recente formación creado por catro novos clarinetistas de Ourense unidos polo seu pasado común na etapa de formación académica e as súas ganas de facer música xuntos. Olalla Rodríguez López, Gerardo Barge Ferreiro, Javier Losada Araújo e Celso Nieto Rodríguez farán viaxar ao público brionés por diferentes estilos e épocas, interpretando obras de compositores tan dispares como: Amilcare Poncchieli, Vittorio Monti, Astor Piazzolla… ou o compositor galego Simón Couceiro. Así mesmo, tamén achegarán música popular de distintos recunchos do mundo.